Traballos e proxectos:


Produción: "Hallucinogenic"

Vídeoclip de Ivy Moon
Project 09

Hallucinogenic

O videoclip é unha clara representación de loucura e alucinación, un deixarse levar pola canción a través do conxunto de imaxes que dan vida a esta peza. Todo comeza coma se dun anuncio dos anos 90 se tratase: Presentamos “Hallucinogenic” como o último sabor da potente bebida de moda “Ivy Moon”. E con este peculiar envase como leitmotiv, iniciamos unha viaxe chea de sensacións e loucura.

  • Produción: María José Pérez - O Valse
  • Idea Orixinal: Antón Varela
  • Edición e Montaxe: Antón Varela
  • Ano: 2016

Produción: "Evidencia"

Vídeoclip de MJ Pérez con Joshua Kenneth
Project 08

Evidencia

Este vídeo nace dunha idea común de MJ e Joshua que perseguían facer un proxecto en colaboración, mesturando a música co ilusionismo.

  • Produción: María José Pérez e Cristina García - O Valse
  • Idea Orixinal: Joshua Kenneth e María José Pérez
  • Gravación, Dirección de Fotografía e Etalonaxe: Rubén Gasalla
  • Montaxe: María José Pérez e Joshua Kenneth
  • Son: Eloy Vidal
  • Ano: 2015

Produción: "Rústica"

Vídeo promocional
Project 07

Rústica

Elaboración de dúas pezas promocionais para "Rústica", un traballo que reúne o talento de Cristina Pato, Roberto Comesaña, Davide de Salvado e Anxo Pintos.

Estas pezas resultan da colaboración con Alberto Lora (alberto-lora.tk)

  • Gravación, Edición e Montaxe: Alberto Lora
  • Produción e Gravación: María José Pérez - O Valse
  • Ano: 2015

Produción: "Non sabes bailar"

Primeiro videoclip de Superoito
Project 01

Non sabes bailar

"Non sabes bailar" é o primeiro videoclip do grupo galego Superoito.

A produción está dentro do proxecto "O Valse", unha iniciativa que nace do Proxecto de Fin de Grao de María José.

  • Para: Superoito
  • Produción: "O Valse Producións" (Porxecto de Fin de Grao - María José Pérez)
  • Ano: 2014
  • Dirección: Jorge Asensi
  • Director de Fotografía: Alberto Lora
  • Protagonizado por: Francisco Rego e Iria Ameneiros

Foto Fixa: Serie "O Faro"

Atlántida Media 2013
Project 02

Foto Fixa. Serie "O Faro"

“O Faro” é un serial diario producido Atlántida Media para FORTA.

Foi emitida, por tanto, na TVG e na maior parte das canles autonómicas doutros puntos de España.

A serie conta a historia de de amor entre os seus protagonistas Lucía e Ricardo, dous mozos que teñen vidas aparentemente opostas e que se ven ante un dilema común: seguir no negocio familiar ou loitar polo amor e os seus soños.

  • Produción: Atlántida Media
  • Función: Foto Fixa, Meritoria de Produción
  • Ano: 2013

Ao Vento

Proxecto a raíz do incendio das Fragas do Eume
Project 03

Ao Vento

Ao Vento é un proxecto idea orixinal de Rubén Gasalla, feito coa colaboración de Alicia Rodriguez, Bruno Nieto e María José Pérez. Este proxecto nace a raíz do incendio das Fragas do eume o 31 de marzo de 2012 co propósito de sensibilizar ás persoas ante este tipo de sucesos.

Para realizar esta peza contouse con diferentes personalidades vinculadas ao audiovisual e outros eidos culturais de Galicia.

Adeus

Curtametraxe
Project 04

Adeus

Esta curta pretende facer unha crítica da situación actual que está a vivir a xuventude en Galicia. Hoxe en día, a emigración volve a ser case a única alternativa de futuro para esta xeración. Mentres lembramos a emigración de comezos do siglo pasado como algo afastado, non nos decatamos de que esa mesma problemática está a repetirse novamente. É por iso que Adeus nos presenta un salto no tempo e un paralelismo entre ambas situacións.

  • Feito por: Antón Varela e María José Pérez
  • Protagonizado por:Francisco Rego
  • Ano: 2012
  • Premios e recoñecementos: Curta gañadora do 1º premio no "I Concurso de Curtametraxes Sociolóxicas" organizado pola Facultade de Ciencias de Comunicación e Socioloxía da UDC.(2012)

    Seleccionada no “Concurso de cortometrajes Gandules ́14” organizado polo CCCB de Barcelona entre as 20 primeiras finalistas.(2014)

Proxectos académicos

Project 05

Proxectos académicos

Estes son algúns dos traballos elaborados ao longo do meu paso pola carreira de Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña.

  • O Valse Proxecto de Fin de Grao
  • Brainstorming Magacín: Produción e realización. Rol: Produción.
  • Castelao: Practica Final - Animación 3D 1
  • Un chupa alucinante: Postpordución Dixital - Chroma e composición
  • Coruña 13x3 - Arquitectura: Fotografía, Edición e Montaxe, Diseño de produción.

Outros proxectos

Project 06

Outros proxectos

Estes son algúns dos proxectos elaborados por conta propia e personal.

  • Meniña gaiteira (2013)
  • Tchaikovsky, música e arte (2013)
  • Chiando (2014)  : Proxecto conxunto con Rubén Gasalla. Gañador do Premio a Mellor Realización na III Premio de Curtametraxes Sociolóxicas da Facultade de Ciencias de Comunicación da UDC.

María José Pérez

Nada en Arzúa. Realiza os estudos obrigatorios e Bacharelato na súa vila natal. No ano 2010 entra na Universidade da Coruña para cursar o Grao en Comunicación Audiovisual (que remata en 2014). En 2015 realiza o Máster de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Complementado con outras funcións, leva a cabo diferentes proxectos, concretamente un dos seus proxectos persoais: O Valse.

O Valse

O Valse é unha idea que nace do Proxecto de Fin de Grao de María José. Inspirada en iniciativas coma o Galician Connection, decide crear algo novo: poñer o audiovisual ao servizo da música.

Trátase dunha iniciativa que pretende ir máis alá do xa establecido e amosar a música dende outro punto de vista, empregando como ferramenta todo o que o audiovisual proporciona e facendo da comunicación a mellor arma.

Podes seguir a súa actividade na súa web, nas redes Facebook e Twitter, e na súa canle de Youtube

Percorrido ao longo dos últimos anos

Ao longo dos últimos anos, María José traballou nunha serie de proxectos e iniciativas. A continuación amosamos o percorrido realizado durante este tempo:

  • A Peza Solta – Último videoclip de MJ Pérez (Será presentado a final de ano) (2016)
  • Hallucinogenic – Último videoclip da banda de Santiago de Compostela Ivy Moon (2016)
  • Volta Atrás – Curta gañadora do Primeiro Premio no Xuventude Crea 2015. (2015)
  • Evidencia – Primeiro videoclip de MJ Pérez (artista) xunto co mago e ilusionista coruñés Joshua Kenneth (2015)
  • Rústica – Vídeos promocionais do traballo que une a Cristina Pato, Roberto Comesaña, Anxo Pintos e Davide Salvado. (2015)
  • O Valse – Proxecto de Fin de Grao de María José e iniciativa que actualmente segue en pé. (2014)
  • Non Sabes bailar –Produción do primeiro videoclip do grupo Superoito. Está dentro do Proxecto "O Valse". (2014)
  • Chiando –Proxecto conxunto con Rubén Gasalla. Microdocumental gañador do Premio a Mellor Realización na III edición do Concurso de Curtametraxes Sociolóxicas da UDC. (2014)
  • Serie "O Faro" –María José estivo traballando en parte da primeira tempada da Serie "O Faro" producida para TVG e outras canles da FORTA. Dentro do seu traballo cabe destacar o rol de "Foto Fixa". Aínda hoxe podemos seguir vendo moitas das súas fotos nas redes sociais e na prensa.  (2013)
  • Ao Vento –Proxecto conxunto con Rubén Gasalla, Bruno Nieto e Alicia García. Neste proxecto que nace a raíz do incendio das Fragas do Eume no ano 2012, María José colabora na Produción, Realización, Montaxe, Promoción e Composición e interpretación musical. (2013)
  • Brainstorming –Produción do magacine Brainstorming, realizado para as asignaturas de Produción e Realización dentro da carreira de Comunicación Audiovisual.  (2013)
  • Adeus –Proxecto conxunto con Antón Varela. Esta pequena curtametraxe fíxose co Primeiro Premio na I edición do Concurso de Curtametraxes Socioloxicas da UDC no ano 2012. Tempo despois foi seleccionada no “Concurso de cortometrajes Gandules ́14” organizado polo CCCB de Barcelona entre as 20 primeiras finalistas.  (2012)
  • Outros traballos – Ademais de todo o que aquí se menciona, María José traballou e participou noutros proxectos como son "Meniña gaiteira"ou"Tchaikovsky: Música e Arte"e outros proxectos por conta propia. Tamén traballou fotografando diferentes actos e eventos, na maquetación e deseño de documentos, na organización de eventos e outros. (Para ver máis, acceder ao perfí de LinkedIn)
About